En Nueva Tribuna
O goberno central e
as autonomías gobernadas polo PP están a adoptar decisións moi relevantes no
terreo sanitario impulsados por dous tipos de motivacións: por razóns ideolóxicas e por afán de lucro.
O PP está a impoñer
medidas –como o RD 16/2012- que nos devolven a unha sanidade dualizada (porta para os ricos, porta para os pobres;
aseguramento privado para os poderosos, beneficencia para os máis necesitados)
na que sectores da poboación cada vez máis amplos quedarán excluidos da
cobertura sanitaria universal, que constitúe un elemento clave para a cohesión
social e a equidade. As medidas impostas co desenvolvemento desta lei levan a
milleiros de persoas ao borde da pobreza e a exclusión social, mentres os
seguros privados están a aumentar o seu mercado de forma progresiva. A ideoloxía clasista e supremacista dos
actuais dirixentes é a que os impulsa a impor estas decisións (incumplindo de
forma basta as promesas electorais, ainda tan próximas).
Mais hai outra
razón poderosa para a toma de decisións desde o poder político: a busca de lucro privado a costa do diñeiro público.
Lembremos que arredor do corenta por cento do orzamento das Comunidades
Autónomas vai destinado aos servizos sanitarios. É moito diñeiro o que move a
sanidade pública para que os actuais dirixentes -e os empresarios e financeiros
afíns que actúan como lobbys- o deixen circular, para o beneficio colectivo,
sen tentar a súa apropiación.
O Sistema Nacional
de Saúde (SNS) español é un dos máis eficientes do mundo, pois consegue uns
excelentes indicadores de saúde cunha inversión do PIB das máis baixas da
contorna. Mais con todo, desde a publicación do Informe Abril en 1991, a dereita española repite continuamente as
mesmas falacias: o sistema sanitario é insustentable, e faise preciso separar
financiación de provisión dos servizos pois a xestión privada é mais eficiente
que a pública.
Os servizos
públicos son viables se hai vontade política de apoialos (aumentando os
ingresos públicos cunha fiscalidade progresiva), e o sector privado –os chamados
mercados- xa ten probada a súa inoperancia: empresarios
e sector financeiro son os responsables da crise que agora castiga aos
traballadores. As experiencias noutros países tampouco apoian as medidas externalizadoras: a privatización dos
hospitais do Reino Unido, en tempos de Margaret Thacher, provocou un grave
deterioro do NHS, ata aquel momento un referente a nivel internacional. Mais,
en contra de toda evidencia, o PP impulsa sen desmaio as medidas privatizadoras
do SNS. A privatización pode ser completa (mediante a concesión da
xestión hospitalaria a unha empresa) ou parcial
(por medio das chamadas externalizacións,
que poñen en mans privadas aquelas parcelas da actividade sanitaria con máis
posibilidades de lles producir beneficios).
-O primeiro
hospital privatizado en España foi o de Alzira
(Valencia), inaugurado en 1999, xestionado por unha Unión Temporal de Empresas
(UTE) mediante unha concesión administrativa: a Generalitat paga un canon anual
pola poboación atendida e a empresa
encárgase da xestión completa do hospital. Mais as contas non saían e en 2003 o
goberno valenciano rescatou Alzira e incrementou o seu canon. A pesar desta
experiencia negativa as privatizacións continuaron e hoxe sabemos o resultado:
o 20% da poboación de Valencia recibe asistencia sanitaria mediante este modelo
de concesión, a sanidade valenciana está
en quebra e a empresa que puxo en marcha Alzira, Ribera Salud, hoxe é un xigante da sanidade, que xestiona numerosos
servizos en todo o Estado (sobre todo en Valencia e Madrid). Sen reparar nas consecuencias negativas desta
experiencia, o PP segue a impulsar a privatización completa dos centros
sanitarios: en Madrid, en Castela-A Mancha, en Galicia. A intensa contestación social contra destas medidas e o clima de incerteza que vive o sistema
financeiro fan que moitos destes proxectos avancen con dificultade ou mesmo
estean parados neste momento (como o novo hospital de Vigo, donde a UTE
responsable do proxecto non foi capaz de conseguir financiamento para continuar
a construcción). Mais os dirixentes do PP teñen un plan B: alí donde non é
posible a privatización completa do hospital realizan externalizacións masivas e impulsan experimentos como as Unidades de Xestión Clínica (UXC) que
facilitan o camiño da privatización de amplas áreas da actividade sanitaria.
-As externalizacións. En todas as
comunidades se realizan, mais en Galicia Núñez Feijóo xa avisou hai tempo: é
partidario de privatizar todo o que non sexa o núcleo duro da sanidade. Xa
existían tarefas privatizadas (hostelería, seguridade, limpeza, mantemento,
cociña), pero comezou unha carreira contrarreloxio que aínda non rematou. Os
servizos de información, a central de chamadas, a plataforma informática, a central de compras, o centro de
almacenamento e suministro etc. Todas estas áreas foron entregadas a mans
privadas para a súa xestión. A última
privatización coñecida é a da xestion da
alta tecnoloxía diagnóstica e terapéutica. Mediante a figura administrativa
do “diálogo competitivo” o Sergas cede
ás empresas privadas do sector o control da renovación tecnolóxica dos seus
centros cun contrato que pode chegar aos 200 millóns de euros. A Administración
abandoa o seu deber de control e supervisión e concédelle ás empresas a
capacidade de decidir a implantación de
novas tecnoloxías diagnósticas, moi caras e con problemas técnicos non
resoltos, polo que non se utilizan ainda para o diagnóstico clínico (en Europa
nin nos EEUU) por non estar debidamente avaliadas nin contrastada a súa relevancia para a
práctica clínica. O Sergas pagará os custes, os pacientes asumirán os riscos
–de someterse a exploracións pouco avaliadas-, e as empresas poderán conseguir
elevados beneficios.
-As Unidades de Xestión Clínica. Esta
proposta obedece a un propósito. Alí donde non poidan privatizar o hospital
enteiro tentarán privatizar determinadas
áreas clínicas, sobre todo aquelas que poidan proporcionar máis beneficio
económico. Os promotores desta estratexia mezclan, con toda a intención, propostas
clinicas e organizativas (integración de Primaria e Especializada, coordinación
de niveis, impulso dos procesos
asistenciais) con cuestións xerenciais e laborais que non teñen ningunha
relacion. Para promover a coordinación asistencial non é preciso modificar o
réxime xurídico do persoal nin a persoalidade xurídica das unidades que a levan
a cabo.
O Ministerio de
Sanidade e o chamado “Foro da Profesión Médica” acordaron que “se promoverá un marco jurídico específico del
profesional médico del SNS y un modelo de retribución voluntario vinculado a la
gestión clínica que favorezca los principios de excelencia profesional y de
gobernanza del sistema sanitario público”.
Esto supón que o persoal que se integre deberá aceptar a laboralización, coa perda dos dereitos
que hoxe ten o persoal estatutario, e as
UXC poderán constituirse en empresas autónomas con persoalidade xurídica propia
e con participación do sector privado. Esto representa un serio perigo para
o futuro dos centros sanitarios e do seu persoal. Poderán crear microempresas
dentro dos centros para competir entre sí e coa posibilidade de dar entrada a
empresas sanitarias, industria farmacéutica e de tecnoloxía sanitaria na
provisión e xestión dos servizos. Este
desorden vai facilitar a prevalencia dos intereses privados sobre os criterios
de servizo público. O SNS pode quedar fragmentado en numerosos reinos de taifas, dos que sacarían beneficio o capital
privado e os grupos empresariais. O Sergas xa está a promover as UXC nas áreas
sanitarias e vai publicar un Decreto para amparar este proxecto. Se non atopa
resistencia continuará nesta estratexia privatizadora, que beneficia ás empresas e á pléiade de xerentes que hoxe
viven do sistema, mais representa un severo prexuicio para os traballadores
sanitarios e os usuarios da sanidade pública.
O sea que el modelo que abandona EEUU, de las manos de Obama, es el que vamos a abrazar; si la gente no reacciona a tiempo y venciendo al miedo que les tiene atados: ¡O no pasaran o la habremos cagado!; asi de claro.
ResponderEliminarMentres os partidos da esquerda e os sindicatos non entendan que, despois da lacra do paro, a defensa da sanidade pública, universal e gratuíta é a prioridade á que lle teñen que dedicar o seu tempo, pois o Partido Podre seguirá recortando, privatizando e establecendo un maior repago.
ResponderEliminarÉ preciso un pacto político e un compromiso serio e rotundo dos partidos de esquerda e sindicatos en Defensa da Sanidade Pública
Non debemos esquecer que o sistema público é un patrimonio, unha herdanza que recibimos dos nosos pais e avós que procede do seu esforzo en tempos peores, cando se construíu un sistema pasando en poucos anos de unha cobertura mínima a unha cobertura universal. É necesario racionalizar os gastos de acordo cos magros ingresos, pero é insoportable a idea de desmantelar para beneficio de uns poucos o que é un logro común.
ResponderEliminar¿Cuando nos uniremos todos los colectivos afectados y saldremos a la calle????...Pero no una manifestación cada x meses, sino todas las semanas, haciéndonos ver, reclamando lo que durante tiempo hemos conseguido entre todos. Parados, afectados de preferentes, personal sanitario, docentes, universitarios, jubilados, enfermos crónicos..... ¿donde están?.....¿por que no se hacen ver????.... ¿de qué tenemos miedo?...... sólo necesitamos la chispa que nos haga salir y decir lo que todos sentimos, que estamos asistiendo a un saqueo brutal de los público, y que la crisis es la excusa perfecta para hacerlo sin ningún tipo de pudor.
ResponderEliminarUn pueblo que calla y admite las declaraciones de sus representantes a los que "repugna" una decisión del Tribunal Europeo de Derechos Humanos ofrece pocas esperanzas. Y menos cuando tolera indultos a quienes desde la Administración se pasan los mismos Derechos por donde les da la gana.
ResponderEliminar