lunes, 29 de julio de 2013

Morte, caos e responsabilidades


En Praza Pública


O día 24 de xullo quedará tinxido de sangue por moito tempo. Nada pode reparar tanta desgraza, tantas perdas insubstituibles, tanta morte prematura e inesperada.  Esta enorme traxedia provoca un grande pesar colectivo, e os familiares quedarán moito tempo coas feridas abertas. Mais, ainda que custe, a vida segue, e cómpre aprender da tremenda experiencia para que nunca máis algo así poida acontecer.

Ao pouco de producirse o terrible accidente as autoridades comezaron a construir un relato oficial baseado en tres elementos básicos: o heroísmo dos veciños, a solidariedade dos cidadáns e a coordinación na resposta ao desastre.  Heroismo houbo, pois as xentes de Angrois acudiron en masa para axudar aos feridos sen reparar en riscos nin perigos, e a súa pronta actuación foi exemplar e fundamental. A solidariedade manifestouse nas longas colas para doar sangue formadas polos mozos que, poucos momentos antes, estaban agardando pola celebración e a festa. O que non se producíu de forma tan evidente foi a organización dos servizos de emerxencia para dar unha resposta coordinada e profesional ao desastre.  Cada vez semella máis claro que houbo serios erros na coordinación dos servizos de auxilio. Avanzada a noite produciuse unha rolda de prensa da conselleira de sanidade, acompañada do xerente do CHUS, (desordenada, histérica e confusa) que só serviu para pór en evidencia a incompetencia dos comparecentes. 

A pesar de todo os servizos de emerxencia e os centros sanitarios funcionaron e deron unha boa atención á avalancha de feridos, grazas á profesionalidade, ao compromiso, á cualificación do persoal e á boa organización dos servizos públicos. Mentres as autoridades estaban ocupadas coa contabilidade a aos beixamáns, os sanitarios adicaron todo o seu esforzo á atención  dos feridos. Estes profesionais, agora tan loubados,  -que acudiron aos seus postos de traballo sen ser chamados e que prolongaron a xornada ata a extenuación para atender aos doentes- son os mesmos que o poder político maltrata con reduccións salariais e campañas de desprestixio. Pero a maioría dos sanitarios teñen claro que o seu labor non se realiza para os políticos de turno senón para a xente enferma e ferida que precise do seu auxilio. Tamén semella evidente que o sistema sanitario público –actualmente cuestionado polas políticas neoliberais- é o que mellor garante, tamén,  unha resposta eficaz nestas situacións de emerxencia. 

Ao mesmo tempo que se difundía este relato de heroísmo, solidaridade e resposta coordinada, os medios de comunicación e as empresas implicadas (Adif e Renfe) puxeron todo o seu empeño en sinalar ao culpable: o maquinista. Este pobre home, profesional de ampla experiencia e cualificación probada, está marcado como o “chibo expiatorio” desta traxedia. A súa vida vai estar xa, por sempre, condicionada por este terrible suceso, calqueira que sexa a decisión xudicial. É posible que tivera un “despiste”, que cometera un erro ou unha neglixencia. Mais a cuestión non é esa. O que cómpre saber é por qué, habendo como hai sistemas automáticos para aumentar a seguridade, non se instalaron ou activaron neste tramo do percorrido.  O que cómpre saber é por qué este proxectil de tantas toneladas, capaz de destruir toda a vida que leve dentro, non estaba dotado dos medios precisos para evitar esta traxedia. O que cómpre saber é canto aforraron as compañías coa eliminación dos sistemas de seguridade. E tamén debemos coñecer aos enxeñeiros, aos empresarios e aos políticos que impulsaron e asinaron este proxecto sabendo que, algún día, un leve fallo humano podería provocar tanta dor, tanta morte, tanta destrucción.  Eles son os auténticos responsables e non o maquinista.

11 comentarios:

  1. Nada que rebater, nada que lle engadir ao teu medido comentario. Tan só felicitarte.

    Saúde e saúdos cordiais.

    ResponderEliminar
  2. Moi bo articulo, e no que comentas ó final, e vergoñento que non estén xa a falar de implementar as medidas necesarias, en todos os tramos que estén na mesma situación que o de Santiago, para evitar outro accidente igual.

    ResponderEliminar
  3. Claro, conciso e axeitado o teu artigo

    ResponderEliminar
  4. Me parece un poco ventajista el que ataque a la actual conselleria de sanide aprovechando esta tragedia, al igual que es deleznable atribuir desde el segundo uno toda la culpa en el máquinista, y que nadie de ministros pasados ( pepe blanco, magdalena Alvarez... que proyectaron e inauguraron este hibrido con fines electorialista y vaya usted a saber que más se van a ir de rosistas y sin que ni siquiera les remuerda la conciencia).
    Todos los que de alguna mánera trabajamos en la emergencia, sabemos de la dificultad que entraña una buena coordinación y movilización de medios , más en nuestro entorno con su orografia y particulares en infraestructuras( claro que si uno habla desde su consulta de que sale para hacer dos domicilios en la ciudad , entiendo que no sepa de que habla)Por ello no me quiero imaginar lo que ha tenido que ser una catastrófe de este tipo, y por lo visto, leido, y hablado con profesionales que si han estado allí, la cosa no estuvo mal organizada, y entre las 4- 5 de la mañana estaba todo más o menos en orden, y sin sensación de caos. Que ha habido errores, pero esta tragedía supera a cualquier sistema, pero supongo que se analizará la actución y se corregiran fallos para futuras ocasiones
    Es cierto quehay recortes, que los funcionarios publicos somos maltratados y vilipendiados, que se esta intentando privatizar (pero quiero recordarle que que de los primeros que abrieron a puerta a ello fue el PSOE en conivencia con el PP, CIU y Coalicion canaria al aprobar la Ley/15/97,asíque no vengaias ahora de salvadores de la snidad pública)
    por todo ello, me parece indecente e indigno que se hable de errores y se aproveche una tragedia de este tipo para atacar al equipo contrario cuando ni siquiera ha dado tiempo de evaluar la actuación. Y no me vale como he leido en ciertos periodicosen los que usted colabora el tema de no llevar los heridos a conxo (hospital infrautilizado, donde los haya), pero para una primera actuación bien sabeis que no era el adecuado.

    ResponderEliminar
  5. Sencillamente, querer aprovecharse de todo, no es ético, si creo o pienso que si usted nunca ha vivido nunca una tragedia como esta resulta fácil escribir estas palabras. Estoy seguro que hay muchos fallos, pero hemos de evitarlos y aprendamos de ellos.
    Vd. mismo difunde sus publicaciones en su blog, si sus amistades o usuarios de Internet lo leen perfecto y correcto es muy libre de hacerlo, pero no lo haga a través del correo corporativo, corriga sus "fallos" y no lo haga porque hay gente a la que molesta, y que seguro no hablamos del mal uso del mismo.
    Saludos
    No pretendo molestar pero si reflexionar que todos cometemos fallos, pongamos nuestro granito de arena en evitarlos.

    ResponderEliminar
  6. La reflexion para todos es que hay que exigir desde YA, que cada uno de nosotros asuma su RESPONSABILIDAD. Creo que en España la RESPONSABILIDAD NO EXISTE, no se sabe lo que es ni lo que representa. La Justicia tiene que exigir de una vez por todas LA RESPONSABILIDAD que a cada quien le toque y en base a ella actuar. Lo que no puede ser y no entro a saber si estos o aquellos son de tal o cual partido, me es indiferente. Lo que hay que ver es que el que tenga una responsabilidad apenque con ella y no irse de rositas hagas lo que hagas. Asi nos luce el pelo. Señores dejense YA de tonterias.

    ResponderEliminar
  7. Sempre estamos chorando, e nunca facemos nada.

    ResponderEliminar
  8. O vocablo CAOS non define correctamente o vivido nas duas primeiras horas tras o evento.As non decisions e non declaracion da alerta por quen tiña que facelo provocou un proceso engadido de empeoramento da gravidade dos afetados e baixa efectividade da morea de voluntarios .Galicia , ten recursos suficientes para abordar na sua capital o dia sinalado con TODOLOS efetivos dispostos para un evento festivo o desastre do Alvia con mellores resultados en vidas e satisfacion xeral polo traballo ben feito E NON A PASARELA DE AUTORIDADES DESPLAZADAS DA PRAZA DO OBRADOIRO con uns medios oficiais que deron pena nas primeiras tres horas .

    ResponderEliminar
  9. anónimo
    de todo el accidente nada que comentar por la atención con los lesionados.solo comentar que pintaba la conseleira en el hospital vestida de verde ( con uniforme de quirófano) si era para trabajar o colgarse la medalla. dar una rueda de prensa pisando el terreno a los responsables de ello. como se llama el protagonismo de Rocio y demás calaña.

    ResponderEliminar
  10. Eu non estiven alí, pero xente que coñezo persoalmente, si estivo, dende o primeiro momento, e si todo saiu como saiu, e decir, moi ben, foi po la vontade e inciativa de uns poucos, e non os que deberan estar ordeando aquel caos, por que ises, chegaron con case 2 horas de "retraso"... a coordinación foi a "pé de campo" improvisada, pero por xente que supo facelo. Chapeau por iles. E non vou dar nomes por que estou seguro, que inda por riba, terían problemas. E o que pasa nun país onde os postos de responsabilidade están ocupados por inútiles, postos ahí por "amiguitis" dos políticos ou responsables de turno!!!

    ResponderEliminar