domingo, 7 de abril de 2013

Cinco instantes dunha vida

En Praza Pública
En Galicia Confidencial


Son lo que son: simplemente unas fotos.  Así se explicou Núñez Feijóo hai uns días cando foron publicadas unha imaxes de 1995 nas que aparece fotografiado, en diversos momentos e situacións, á beira de Marcial Dorado, famoso delincuente que agora cumple condena por narcotráfico. 

Fotografía de Manuel Ferrol
Acerta. Non son máis que fotos. Pero a fotografía, que comezou como un oficio artesanal hai máis de cento cincuenta anos, converteuse nun dos  medios principais para documentar a nosa vida colectiva a persoal. A historia de España no século XX está relatada nas imaxes captadas por Publio López Mondéjar. As fotografías de Manuel Ferrol e Virxilio Vieitez reflexan con fidelidade a historia recente de Galicia. Ahí están, fixadas para sempre, as vidas dos nosos pais e os nosos avós. Non sería doado comprender o drama da emigración sen as imaxes que eles souberon capturar. 

As fotos persoais teñen tamén un grande valor documental. Agora, coas cámaras dixitais e os móbiles, é moi doado deixarse retratar. Pero ata hai ben pouco a xente só  facía fotos nos momentos importantes da vida: nos bautizos, nas bodas, nas festas familiares. Había que capturar o instante e fixalo para sempre. Podemos facer un relato das nosas vidas a través desas imaxes:  o grupo familiar, as amizades, as viaxes, as celebracións. Se cadra hai algunha imaxe á que nos gustaría renunciar, mais xa non é posible.

En política é moi importante a imaxe. Os asesores aconsellan aos líderes para que ofrezan sempre o mellor perfil. As aparicións públicas son preparadas como unha montaxe teatral. Mais, con todo, tamén se pode construir o relato dunha traxectoria pública a través das fotografías. Debuxan con bastante exactitude a forma de actuar, a maneira de entender a vida e o exercicio da política. Podemos facer un exercicio práctico con cinco fotografías de Alberto Núñez Feijóo,  actual presidente da Xunta.   

1. Interino. En 1988, tres anos despois de comezar a traballar como interino na Xunta, presentouse ás eleccións sindicais por Afica (Agrupación de funcionarios interinos e contratados administrativos). Foi delegado sindical ata o ano 1991, cando comezou a súa carreira política, apoiado por Romay Beccaría, que o nomeou secretario xeral da Consellería de Agricultura. Aquel mozo sindicalista de 27 anos (que aparece nunha foto da época con Carlos Negreira e outros compañeiros) organizou folgas e protestas para reclamar “o acceso á función pública de todos os funcionarios interinos e contratados administrativos, asegurando en todo caso a estabilidade no posto de traballo”. En resumo, como xa dixemos noutra ocasión , Núñez Feijóo quería un posto de traballo público entrando pola porta de atrás (sen facer oposicións) e coas mesmas condicións que os traballadores fixos. Agora, lonxe dos seus tempos reivindicativos, utiliza o poder como presidente da Xunta para aplicar severos recortes na sanidade, na educación e nos servizos sociais, para reducir os salarios e precarizar as condicións de traballo dos funcionarios ao tempo que fomenta o desprestixio dos servizos públicos.


2. Viaxes e festas. En 1995, cando xa era o número dous da Consellería de Sanidade, deixouse fotografiar, en amistosa compañía,  a bordo do iate Oratus, propiedade de Marcial Dorado, un coñecido contrabandista que levaba un tren de vida moi por enriba das posibilidades dos seus veciños honrados. O barco foi intervido en 2009 por Aduanas, despois dunha operación por blanqueo de diñeiro, e o seu propietario está no cárcere. Segundo a prensa tamén viaxaron xuntos a Cascais, a Ibiza e a un lugar onde había neve (“Creo que no fuí a Andorra; creo que no, lo que sé es que había nieve, parece ser que eran los Picos de Europa”, dixo en público). Parece ser que tamén participou en festas no chalé do traficante.  Agora xa non viaxan xuntos.  Agora o presidente da Xunta vai con frecuencia  a Salvador de Bahía (Brasil) onde, segundo afirma, pensa retirarse cando se xubile. Cando se fixeron estas fotos, que agora saen á luz, as nais de Arousa levaban anos loitando contra os delincuentes que vendían a droga que mataba aos seus fillos. Núñez Feijóo, con altas responsabilidades en Sanidade, facía viaxes de lecer cun deles.


3. Os incendios.  No verán de 2006 déronse en Galicia unhas condicións extremas de calor e vento que provocaron unha tremenda onda de incendios. O conselleiro Suárez Canal, recén chegado ao posto, pasou moitas noites sen durmir. As brigadas traballaron incansábeis para combater o lume, que saltaba dun lugar noutro como se non fose rematar nunca. Moita xente veu chegar as lapas á beira das súas casas. Vivíronse momentos de angustia. Núñez Feijóo, que daquela estaba na oposición, fixo unha foto na que aparecía, de branco inmaculado, agarrado a unha mangueiriña, simulando atallar o lume. Durante o seu mandato a política forestal non mellorou e recibiu numerosas críticas dos traballadores, dos grupos ecoloxistas e da oposición. En 2010 houbo outra extensa onda de incendios. A Xunta optou pola ocultación de datos e só informaba dos lumes de grandes dimensións, pero non puido ocultar a morte de dous homes nun incendio en Fornelos.  Hai un ano houbo un pavoroso incendio nas fragas do Eume e os expertos sinalaron que era consecuencia da falta de planificación da política forestal.  Un ano despois nada mudou:  as fragas seguen expostas ao mesmo risco de arder.  A Xunta ten, polo momento, un grande aliado: a chuvia que non cesa desde hai sete meses.  Mais cando veñan  a calor e o vento non vai chegar a nada a mangueira.


4. No Vaticano. A primeiros de 2010 Núñez Feijóo visitou ao Papa de Roma. Foi acompañado polo arzobispo de Santiago e pola súa suposta compañeira sentimental, a xornalista Carmen “Chiny” Gámir. O visitante deixou facer numerosas fotografías do momento. En moitas delas aparece “Chiny” cunha cruz sobre o peito. Na actualidade xa non hai tal relación; a parella rompeu e ela  vive en Madrid, onde exerce como xefa de prensa da secretaria de Estado de Presupostos (Marta Fernández Currás, antes Conselleira de Facenda en Galicia). Neste tempo en que resulta  tan difícil atopar traballo non deixa de sorprender que haxa persoas que o consigan con tanta facilidade. 



5. Banqueiros. A mediados de 2010 Núñez Feijóo promoveu reunións e encontros cos principais dirixentes das Caixas galegas. Gayoso e Méndez, máximos dirixentes de Caixanova e Caixa Galicia durante décadas, accederon á petición do presidente da Xunta e iniciaron o proceso de fusión. Saíron nas portadas dos xornais co sorriso nos beizos. Todos sabemos o que pasou despois. Novacaixagalicia transformouse en banco, que tivo que ser rescatado con diñeiro público. Galicia quedou sen Caixas de Aforros e sen a súa obra social, os responsables do desastre deixaron os cargos con indemnización multimillonarias, e milleiros de persoas estafadas polo fraude masivo das participacións preferentes recorren Galicia e perden a paciencia reclamando xustiza. O fiscal superior de Galicia, Carlos Varela, considera que este é o maior frande da historia de Galicia e que a grande maioría dos afectados foron enganados polas entidades comercializadoras. Mais agora o presidente non ten tempo para recibir aos afectados.

16 comentarios:

  1. Eu tamén creo na inocencia. Unha vez foi unha señora maior a denunciares o roubo da sua billeteira Na policía preguntaron polos feitos ¿Onde agochaba a billeteira? Respondeu: aquí, no sostén (sinalando loxicamente un peito) ¿E no se deu de conta de que lle andaban...? Sí..., pero pensei que iban con boas intenciós.

    ResponderEliminar
  2. Este vendedor de fume e coma un corcho,a pesares das que fai, e... das que non fai, sempre esta a flote. Somos un pais de papanatas

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Non podo estar máis de acordo contigo.
      Non sei que más nos ten que pasar para que reaccionemos.

      Eliminar
  3. ¿non se percatou do ridículo que resultaba facendo o amago de apagar o lume cunha pingueira de auga?

    vaia espanto....

    ResponderEliminar
  4. E logo, durante anos e anos segueu facendo o mesmo: ca súa impoluta camisa blanca, desde as súas alturas, ben abrigado e co estómago quente, facendo amagos patéticos de poses forzadas e inverosímiles, adoptadas para saír nas fotos, en vez de atallar os problemas verdadeiros do país...


    cada un dos incendios sociais e económicos que vimos padecendo, esta é toda a súa actuación: coller unha mangueira de auga con chorringuillo para saír na foto como se estivese facendo algo para atallar o lume.

    ResponderEliminar
  5. Total o tipico "santo" que tira a pedra e esconde a man,que anda o sol que mais lle quenta, e logo caenlle as bagoas de emocion cando foi nombrado presidente da xunta.Se non nos damos conta dos politicos que temos e que somos parvos ou temolos ollos pechados .Moito prometer nada cumplir,pidennos sacrificos pero eles cada dia viven millor porque nos teñen a todos amedrentados e tratannos como borregos,como si foran os donos do mundo e das vidas da xente,solo espero que algun dia todos xuntos digamos basta xa!

    ResponderEliminar
  6. O máis infame ainda é que xa souperan o que podía pasar con estas fotos "comprometidas" e utilizaran a mesma munición para dispararlle a Anxo Quintana, esqueceron o efecto boomerang.

    ResponderEliminar
  7. Somos un pais "cuarto-mundista", durmido, masoca... e continuaremos a selo, durante moito tempo.
    Parece incrible!
    Os políticos e mailos que están detras teñennos tomada ben a medida.
    Senguen a mexar por nos, namentres dicimos que chove.

    Temos o que merecemos

    ResponderEliminar
  8. totalmente dacordo cos comentarios e co artigo, pero non se trata solo de este suceso de Nuñez Feijo , para min son todos iguales tanto dan os de dereitas como de esquerdas como do medio...... a ver si a xente desperta de unha vez por todas ..... e ve que todos tan a vivir o millor posible .. botemolos a todos fora ... que veña ESCANOS EN BLANCO

    ResponderEliminar
  9. Estoy completamente de acuerdo con el artículo y con la mayoría de los comentarios, excepto con los que: a) se limitan a llorar, diciendo que somos masocas y tenemos lo que merecemos; b) consideran que todos los "políticos" (¿quienes son?) son iguales y por tanto qué mas da quién gobierne. Ambas posturas son inmovilistas y benefician a los que están destruyendo nuestro presente y nuestro futuro. La única posición razonable y ética es la movilización y la subversión para alejar a esta pandilla de delincuentes definitivamente del poder.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Absolutamente de acordo "El silencio de los corderos" paraliza a sociedade que ve calada como os lobos deboran un a un á humanidade Na mente traballa a cultura da resinación e a covardía

      Eliminar
  10. MAgnifico trabajo PAblo, tanto de investigacion, como de documentacion e sobre todo de argumentacion, a algunos deberia darles verguenza- si la tuvieran- y fueran capaces de ejercer algo tan humano como es la autocritica y el ejercicio de humildad e reconcerse ante un espejo a si mismo, la traicion que dia a dia se estan cometiendo a ellos mismos sus ideales, y a los demas...¿porque?..Por el poder, la tan famosa erotica del poder, ....la falta de escrupulos y el dinero..Poderoso caballero....El sr. FEijoo, hace tiempo que esta mas que definido y comprendido por la inmensa mayoria de la gente normal que pisamos las calles de este pais, y solo nos preocupa nuestra familia, hijos, amigos, el escaso y precario trabajo, y llegar a vivir cada dia.....sin meternos con nadie.

    ResponderEliminar
  11. Gracias ,Pablo, por informarnos de lo que no conocíamos hasta hace nada - tambien la prensa tiene gran culpa de todo este "secreto ignominioso"-.Sería de esperar que en la proxima ocasión votásemos en consecuencia.

    ResponderEliminar
  12. Gracias por hacernos parecer como (No Normal) una situación que la prensa y la sociedad en general trata como cotidiano

    ResponderEliminar