lunes, 26 de noviembre de 2012

O galego está enfermo

A Irmandade da Sanidade Galega (ISAGA) celebra a súa II Asemblea

En Praza Pública



O galego está enfermo, pero aínda non morreu, como se prognosticou hai anos. Ainda hoxe é a língua maioritaria en Galicia. A grande maioría da poboación entende o idioma e tamén sabe falalo. Pero hai un dato preocupante: a poboación máis nova e cun nivel educativo máis alto –e que tamén saben ler e escribir en galego-, son os que máis desertaron do seu uso na vida cotiá. Tamén preocupa a escasa presenza da lingua nos medios de comunicación (e a desaparición daqueles que a usaban) así como a pouca penetración no espazo virtual. A maior porcentaxe de galegofalantes dase no medio rural e na Galicia interior. En moitas cidades non é doado facer vida en galego da mañá á noite, e mesmo son frecuentes as “conversas bilingües”.


 Así pois, a desafección polo noso idioma non está condicionada polo descoñecemento do mesmo: aqueles que máis formación teñen son os que menos o usan. En certos ambientes hai unha visión estigmatizada do galegofalante. Podemos lembrar aquela moza de Gran Hermano que decía: “Es que a mí me cuesta un montón hablar en gallego... Un día conocí a un chico pero ¡¡hablaba en gallego, y me dio un bajón!!”. Esta connotación pexorativa é, por desgraza, moi frecuente, e hai quen asocia o uso do galego coa ruralidade e a ignorancia.

Cómpre vencer estas resistencias e crear condicións para que falar galego sexa unha opción desexable para todos e, especialmente, para a mocidade; precisamos recuperar o seu uso en todos os ámbitos da vida diaria. O galego vivirá se está presente nos parques infantís, nas tendas, nos estadios de fútbol, nos xulgados e nos hospitais. Se o seu uso se restrinxe ao mundo literario e á liturxia da política non haberá porvir para a nosa fala. No mundo da sanidade a presenza do galego é moi escasa. Só fala galego habitualmente o 35% dos profesionais mentres que só o escribe o 6,5% (C.Gradín / IGE). No seu último libro, As voces baixas, Manuel Rivas conta a anécdota dun home que por fin é admitido como bedel dun banco: Seu pai comentoulle: "E terás que mercar un traxe novo...". Él respondeu: "Xa está mercado! Onte probei coa gravata. Xusto ao apertar o nó púxenme a falar un castelán macanudo". Pois eso; semella que aos sanitarios deste país, desde que puxeron a gravata, borróuselles o galego dos beizos.

A utilización da nosa fala na práctica sanitaria pode ser doblemente benéfica: pode ter valor terapéutico en sí mesma –moitas persoas sinten a proximidade do profesional cando a relación se establece na lingua propia-, e tamén pode mellorar a saúde do idioma, dado o prestixio que a profesión sanitaria segue a ter entre a poboación. Con este propósito naceu a Irmandade da Sanidade Galega (ISAGA): para promover o uso do galego no ámbito sanitario.  O primeiro de decembro celebra a súa segunda asemblea anual en Vigo. Na mesma darase acollida a cincuenta novos irmandiños –sanitarios de toda Galicia destacados polo uso do idioma no seu desempeño profesional-, e tamén se fará unha homenaxe ao doutor Ramón Obella Vidal, investigador, empresario e galeguista, impulsor principal da empresa Zeltia. Coa convicción de que a doenza do galego ten cura esta Irmandade pretende, ano a ano, sumar vontades ata que falar galego nos hospitais non sexa un acto heroico senon un feito cotiá asumido con total normalidade. ¡Que anomalia de país, que temos que distinguir aos que utilizan a propia lingua!

15 comentarios:

  1. O galego no está enfermo pero le da igual se conforma como siempre, prefiere que luchen otros, le va la marcha

    ResponderEliminar
  2. Ciertamente estamos ante el mayor problema de la sanidad pública gallega

    ResponderEliminar
  3. Me parece admirable su dedicación a la iluminación sobre los problemas de la realidad saniataria y social de nuestro mundo, y en especial de Galicia, siempre con una visión personal, aunque enriquecedora.
    Sin embargo, echo en falta que algún día dedique una ínfima parte de su valiosísimo tiempo a comentar qué le parece la Ley de Integración de Fundaciones Sanitarias, que seguramente conoce, y las consecuencias penosísimas que ha tenido para algunas personas, entre las que me encuentro, al introducir un modélico patrón de desigualdad en los procesos de concurso. Y si no lo hace, al menos no moleste y no envíe a todos los correos del personal sus comentarios. Muchas gracias.

    ResponderEliminar
  4. Estando dacordo co fondo do tema, discrepo de dúas cousas, cando dís "semella que aos sanitarios deste país", tes que ter coidado, e dicir "algúns/has sanitari@s".
    Estamos na profesión moit@s sanitari@s, que non precisamos de Irmandades e que levamos falando e escribindo en galego 26 anos. O outro punto discrepante, e que tamén hai sanitari@s fora dos hospitais......
    Polo demáis, eu creo que @s asegurad@s, maioritariamente falan en galego co persoal da sanidade.

    ResponderEliminar
  5. Sr. Vaamonde¡, mire si está enfermo que dos catro comentarios anteriores so un esta na nosa lingua.

    ResponderEliminar
  6. Pienso que todos tienen derecho a hablar y escribir en el idioma o lengua que que le plazca.
    No soy menos gallega por escribir en castellano, ni se es mas gallego por escribirlo o hablarlo.
    Me parece ridiculo que los políticos tengan traductores para entenderse entre ellos pudiendo usar el castellano. Usar la lengua común, es más práctico, económico, ahorra tiempo y todos nos entendemos mejor.
    En último caso, el respeto, debería ser lo que predomine por encima de deseos o gustos personales.
    Soy genuina gallega 100%, lo se porque lo siento muy adentro y no me hace falta hablarlo ni escribirlo. Si me da por falar galego, fareino si o desexo, pero non porque me o impoñan.

    ResponderEliminar
  7. Estoy de acuerdo pero debes de entender que cada persona se puede expresar en el idioma que prefiera y le sea mas comodo.

    ResponderEliminar
  8. Os comentarios falan por si sos
    A min fai uns anos a dirección do meu hospital recomendoume ou suxeriume que escribise nas historias nunha lingua allea a minha, e ningún castelán falante , me dixo nada disto que piden para eles, tiven que loitar eu so por defender o meu dereito a expresarme no meu idioma habitual e no dos usuarios o meu cargo.
    Xa vemos que cada quen ve a feira según como lle vai ou lle foi nela. Así imos cara un entendemento.
    Porcerto Si é un problema de saude non falar o idioma dos usuarios, calro que coas novas tecnicas e como os sanitarios somos adiviños, o usuario non lle fai faia expresarse verbelmente. Seguro que todos acuden a realizar cursos de comunicación, que polo observado non serven ren

    ResponderEliminar
  9. A min continueme enviando os seus comentarios, non me molestan e parecenme moi ilustrativos os que queiran ser cegos a lá eles

    ResponderEliminar
  10. Dacordo en todo,agás no da Irmandade. Estiven vendo o espectáculo o ano pasado na Estrada. ¡MENUDA PANTASMADA!. pOR CERTO ¿qUEN E COMO SE ESCOLLEN OS MEMBROS?

    ResponderEliminar
  11. ¡É sorprendente a falta de sensibilidade que amosan alguns comentarios! Supoño que se trata de persoa acorazadas polo odio ao seu idioma que non son conscientes de que cando despreciamos ao noso ididioma,ou a nosa familia, ou o noso pais, estamos a desprecianos a nós mesmos.

    ResponderEliminar
  12. Penso que non temos que pelexarnos uns cos outros pola lingua que escollemos para comunicarnos ou traballar.
    Eu estou de acordo que as linguas son válidas para usalas en todas as circunstancias. No caso da medicina, falar e escribir en galego dalle mais prestixio a esta lingua.
    Hai unha palabra: DIGLOSIA, que non é unha doenza, pero que existe nas nosas cabezas. Intentemos quitala.
    En Galicia, o uso do galego é tan digno e útil coma o castelán, e viceversa.
    En Salamanca empregaremos o castelán, obviamente.
    E en Chicago o inglés, pensemos que alí os que falan galego ou os que falan español, son inmigrantes. Por moito pretérito pluscuamperfecto que use, que non se esqueza que é INMIGRANTE.

    ResponderEliminar
  13. E decepcionante ler alguns comentarios. En fin... teremos que esperar que veñan os de Madrid ou os de Cuenca a defender o idioma galego, que xa ten gracia que na propia Comunidade se trate con ise desdén ou con ise pasotismo.

    ResponderEliminar
  14. Paréceme moi acertado o artigo. Dende a miña perpectiva vexo algún problema máis. Chámame a atención que os nosos fillos estudan todos galego, pero non no aman e polo tanto case non o falan. Moitos teñen un rechazo porque por riba é unha asignatura que poñen difícil.
    O galego está politizado. Un patrimonio non se pode politizar, e mentras cada partido tire para o seu, sempre haberá inmobilismo e o peor involucionismo. Non se pode facer en cada lexislatura unha nova normativa. Xa é hora de facer un gran pacto político con vistas a 20-30 anos, igual que se debería facera coa sanidade ou a educación, goberne quen goberne.
    En derradeiro lugar, sempre me chamou a atención que os que xa temos uns anos falábamos o galego cando estaba prohibido. E máis, salvámolo e coa democracia non renaceu, só saiu na televisión, nos xornais, na radio, no Parlamento, pero na xente estivo sempre, moito máis que agora. E un caso para analizar.
    SAUDOS..........SERGIO

    ResponderEliminar
  15. Thanks for sharing, nice post! Post really provice useful information!

    Giaonhan247 chuyên dịch vụ vận chuyển hàng đi mỹ cũng như dịch vụ ship hàng mỹ từ dịch vụ nhận mua hộ hàng mỹ từ website nổi tiếng Mỹ là mua hàng amazon về VN uy tín, giá rẻ.

    ResponderEliminar